TESTEMUÑOS

DEPORTE/ ALTO RENDEMENTO

“Recuperar a lixeireza. Volver de maneira periódica a recuperar o pracer de utilizar cada unha das articulacións do noso corpo. Creo que me acheguei á Técnica coa curiosidade sobre como mellorar o uso da voz e a postura. Lembro o escepticismo co que ía a clase e mesmo a vergoña que tiña de falar da técnica aos meus familiares e amigos. Unha disciplina pouco convencional que simplemente funciona.

O proceso é largo, por non dicir que non ten fin. Porén, é difícil desanimarse porque a mellora é constante e repercute sobre a vida toda. Cada movemento, cada acción, cada intención vaise liberando pouco a pouco de resistencias.

A Técnica Alexander axudoume a entenderme a min mesmo, pero tamén a observar sen xuízo os demais. Na vida e na profesión. No deporte, o movemento o é todo, pero tamén a intención. Acadar ese estado de flow mental e de lixeireza é a porta cara ao “alto rendemento”.”

Agustín, 28 anos. Director da escola FCB en São Paulo, Brasil

DOR / POSTURA

“Polo meu traballo paso moitas horas sentado diante do computador, de pé ou en avións, cousa que me provocaba dores musculares frecuentes, especialmente nas costas e nos pés. Grazas á Técnica Alexander aprendín a tomar conciencia do meu corpo e a xestionar as dores reducíndoas moitísimo. Ademais axúdame a ser consciente de min mesmo e a darme de conta do que me pasa no momento presente. Para min é una nova maneira de vivir moito máis plena e intensa.”

Manel, 47 anos.  Enxeñeiro industrial

“A miña experiencia coa Técnica Alexander foi totalmente positiva. Ensinoume que outra forma de camiñar, de sentarme, de moverme ou de estar de pé é posible. Agora podo pasar horas traballando diante do ordenador sen sufrir dor de costas.
A harmonía entre corpo e mente que a Técnica aporta facilita calquera actividade. E o mellor, non custa nada aprendela. Unhas cantas sesións cunha especialista que che acompaña no proceso e móstrache os principios básicos da Técnica e axiña comezas a notar os efectos. Sen dúbida, recomendable para mellorar a calidade de vida.”

Profesora de Universidade, 47 anos

DANZA

“Atopábame nunha etapa da miña vida de coñecemento da miña mente, do meu corpo e do movemento deste, cando descubrín a Técnica Alexander. O traballo con esta técnica supuxo un cambio notorio na miña válvula de escape, que é bailando balboa. Deixei de controlar cada movemento, buscando a súa perfección, para aprender a fluír, a moverme sen tensións extras e innecesarias, a saber esperar e escoitar, a estar aí dispoñible. Este cambio foi percibido no só por min, senón tamén polo meu entorno. Un cambio que comezou véndose reflectido no baile, pero que tamén se empeza a percibir no día a día”

L.Z.L. Arquitecta

CONSCIENCIA CORPORAL

“Nunca crin xustas as palabras para describir a Técnica Alexander. Aínda con todo, tento atopalas sempre para recomendala. Para moitas doenzas, axuda onde a medicina non pode. Para o benestar de vivir, brinda unha marabillosa maneira de atender o corpo, a mente, a recuperar o vínculo entre ambos, e a poder interactuar co que nos rodea dunha forma enriquecida. Un movemento continuo no noso ser, que desprega os apoios, desde onde abre o canto, a danza, o paso, a aperta.”

Leonora, 60 anos. Médica especialista en diagnóstico pola imaxe

CONCENTRACIÓN / CONSCIENCIA CORPORAL

“Cando coñecín a técnica interesoume profundamente a relación entre corpo e mente. En principio, pensaba que traballando o meu corpo podía mellorar tamén a miña mente pero, conforme fun avanzando nas clases, decateime de que era un camiño de dúas direccións, pois eran precisamente os meus pensamentos a ferramenta máis importante para que o meu corpo fose máis eficaz. Grazas a iso mellorei notablemente a miña capacidade de concentración e éme máis fácil estar atento ao momento presente. Desde o punto de vista estritamente físico, o meu corpo descubriu unha nova forma de relacionarse coa gravidade que me permite andar ou estar sentado dun xeito máis livián e eficaz. Os meus frecuentes problemas de costas e dores de cabeza melloraron notablemente e moitas veces “véxoos vir” e, aplicando a Técnica, podo evitar que vaian a máis”

 Xavier, 53 anos. Técnico de mercados financieros

POSTURA E BENESTAR

“As clases de Técnica Alexander non só me están axudando a corrixir hábitos posturais erróneos senón que tamén me resultan unha terapia fantástica para centrarme no momento presente, serenar a mente e reconciliala co resto do corpo, xerándome unha gran sensación de lixeireza e benestar.”

Gloria, 47 anos. Médica radióloga