MOVEMENTO
SOLTURA
LIBERDADE
Calma
ACOUGO
Serenidade
SEGURIDADE, CONFIANZA y
PRECISIÓN
INTEGRIDADE, COORDINACIÓN, EQUILIBRIO
LIXEIREZA
COMUNICACIÓN
EXPRESIÓN

QUE É A TÉCNICA ALEXANDER?

A técnica Alexander é un método de reeducación que desenvolve a conciencia de como empregamos o noso corpo e a nosa mente nas actividades diarias, co obxectivo de abandonar hábitos psicofísicos nocivos e recuperar un funcionamento natural, gratuíto e saudable.

A técnica Alexander non é unha terapia, senón unha disciplina no campo da educación creada a principios do século XX e con máis de cen anos de experiencia e de recoñecemento científico.

Beneficios da Técnica Alexander

  • Previr e aliviar os trastornos musculoesqueléticos (dor nas costas, tendinite, etc.), así como outros aspectos da saúde como dificultades respiratorias ou disfuncións da voz.
  • Aumentar a conciencia psicocorporal, o coñecemento de si mesmo e recuperar unha autopercepción sensorial fiable.
  • Mellorar a coordinación, o equilibrio, a postura, a lixeireza, a liberdade de movemento e precisión no xesto.
  • Favorecer unha actitude centrada, aberta e receptiva.
  • Mellora a atención, a presencia e a confianza.
  • Diminuír o estrés e o cansazo, proporcionando serenidade e vitalidade.
  • Potenciar a creatividade e o desenvolvemento persoal e artístico.

Entendemos que o xeito no que nos movemos, as posicións que adoptamos ou como respondemos aos estímulos cotiáns determinan profundamente a saúde, así como a calidade e o despregamento do noso potencial en tódolos aspectos da vida.

“Tradúcelo todo, xa sexa físico, mental o espiritual, en tensión muscular”
(F.M. Alexander)

Consideremos, a modo de exemplo, o xeito no que nos sentamos. As malas posturas, tan presentes na nosa cultura, non só son prexudiciais para a nosa columna vertebral, senón que tamén afectan o funcionamento libre e natural da nosa respiración, dixestión e circulación. Ademais, a maioría da xente traballa na mesma posición durante a meirande parte do día. Se a isto engádese o estrés, as présas e, ás veces, un estilo de vida sedentario, non é de estrañar que haxa tantos problemas de saúde presentes na nosa sociedade hoxe en día.

“As persoas non deciden o seu futuro: deciden o seus hábitos e o seus hábitos deciden o seu futuro”
(F.M. Alexander)

As clases de Técnica Alexander espertan a capacidade de observar o uso que o alumno fai do seu corpo e ensínalle a cambiar os seus propios hábitos, especialmente a mellorar a relación entre a cabeza, o pescozo e as costas, indispensable para que un novo uso do corpo sexa satisfactorio, á par que fácil e natural.

“Non podes facer algo que non coñeces, se segues facendo o que coñeces”
(F.M. Alexander)

Ao longo do proceso, pódense aliviar molestias a nivel físico, mental e emocional. O alumno adoita sentirse máis cómodo e relaxado ante situacións que previamente xeraban tensión e experimenta un maior benestar xeral. Melloran a súa percepción psicocorporal, a súa capacidade de estar no “aquí e agora”, o seu descanso e a súa atención. É quen de recoñecer as súas reaccións habituais e de deterse para deixar de reaccionar de forma automática e con excesiva tensión. De esta forma práctica, recupera o control construtivo de si mesmo, entendendo e experimentando a unidade de corpo e mente, no momento presente.