INTEGRIDADE, COORDINACIÓN, EQUILIBRIO
LIXEIREZA
COMUNICACIÓN
EXPRESIÓN
MOVEMENTO
SOLTURA
LIBERDADE
Calma
ACOUGO
Serenidade
SEGURIDADE, CONFIANZA y
PRECISIÓN

PREGUNTAS FRECUENTES

Dado que os nosos hábitos son na súa meirande parte inconscientes, é dicir, están tan automatizados que nin sequera os notamos, sería moi difícil cambialos por nós mesmos. É necesario que un profesor nos guíe e axude a ser conscientes dos nosos patróns e a reeducar a nosa percepción sensorial para que sexa fiable. A través das novas experiencias vividas na clase, vaise iniciando o proceso de cambio, aprendizaxe e autoxestión

Poñer en práctica a Técnica Alexander non consiste en facer exercicios, senón en explorar e aplicar o aprendido en clase en calquera actividade cotiá. Polo xeral, unha recomendación básica a practicar diariamente será o “repouso consciente e construtivo”.

O número de clases dependen de cada caso e do interese do alumno por profundar no seu proceso de aprendizaxe.

Non é necesario levar roupa especial, aconséllase a que se usa normalmente e que sexa cómoda dabondo como para non restrinxir o movemento.

As clases en grupo poden ser unha boa introdución e un complemento ás clases individuais. Proporcionan coñecementos básicos e facilitan o intercambio de experiencias. Pero, como base dun proceso de cambio profundo, é imprescindible recibir clases individuais.

Cada clase adoita durar entre 30 e 60 minutos en horario a convir entre o profesor e o alumno.

Recoméndase que, ao principio, as clases sexan o más seguidas posible, dúas ou tres á semana. Despois, adoitan ser unha vez por semana. Recoméndanse clases recordatorio ao cabo dun tempo.

A formación para ser profesor titulado de Técnica Alexander consta de tres anos (1.600 horas lectivas) en calquera das escolas recoñecidas polas asociacións de profesores. Admítense novos alumnos ao inicio de cada trimestre. Consulta o noso apartado Escolas de Formación en España.