SEGURIDADE, CONFIANZA y
PRECISIÓN
INTEGRIDADE, COORDINACIÓN, EQUILIBRIO
LIXEIREZA
COMUNICACIÓN
EXPRESIÓN
MOVEMENTO
SOLTURA
LIBERDADE
Calma
ACOUGO
Serenidade

PARA QUEN É?

Saude

A técnica Alexander pode beneficiar ás persoas que padecen trastornos musculoesqueléticos (dor muscular ou articular, hernia de disco, tendinite, dor lumbar, dor cervical, etc.). Tamén pode axudar a aqueles que padecen estrés, fatiga, problemas respiratorios, afonías, falta de vitalidade, etc. Ademais de ser unha excelente ferramenta para as mulleres embarazadas, tanto antes, como despois e durante o parto.

Arte

A Técnica Alexander axuda aos artistas a previr as lesións asociadas ás súas disciplinas profesionais (músicos, cantantes, actores, bailaríns, directores de orquestra, etc.), así como a afrontar o medo escénico e a desenvolver o seu potencial artístico. A Técnica forma parte do currículo de numerosos e destacados conservatorios superiores de música, así como escolas de teatro, danza e canto en diversos países de todo o mundo.

Educación

A Técnica Alexander ensínase en escolas, centros de formación profesional e universidades de todo o mundo, achegando consciencia, presenza e corporalidade en calquera proceso de aprendizaxe e sendo aplicable a tódalas idades. Para ver un listado internacional de centros onde se ensina, fai clic aquí.

Deporte

Cada vez son máis os deportistas, tanto profesionais como amadores, que utilizan a Técnica Alexander para mellorar os seus resultados. Por exemplo, o equipo británico de remo gañou a medalla de ouro olímpica en 2004 despois de recibir clases de Técnica Alexander. E maila medalla de ouro holandesa en Taekwondo. No Reino Unido, corredores, nadadores, esquiadores e lanzadores de peso, melloraron coas clases. Entre os beneficios están: mellorar o estado físico xeral, mellorar a técnica e destreza, previr lesións e facilitar as recuperacións, etc. Destacan tamén as aplicacións no golf, a natación, o surf, o ciclismo, a ximnasia e o atletismo.

Empresa

A Técnica Alexander achega un novo enfoque á prevención de riscos laborais (PRL). A organización empresarial que decide formar aos seus traballadores en Técnica Alexander, tanto dentro como fóra do posto de traballo, pódese beneficiar coa redución de baixas laborais por trastornos.

Desenvolvemento persoal

Cando temos o desexo de cambiar e mellorar a calidade de vida, a Técnica Alexander favorece un profundo proceso de autocoñecemento e transformación. Axuda a mellorar as habilidades comunicativas, despregar o propio potencial, a autenticidade, a consciencia e a evolución como ser humano.