Calma
ACOUGO
Serenidade
SEGURIDADE, CONFIANZA y
PRECISIÓN
INTEGRIDADE, COORDINACIÓN, EQUILIBRIO
LIXEIREZA
COMUNICACIÓN
EXPRESIÓN
MOVEMENTO
SOLTURA
LIBERDADE

COMO SE APRENDE?

A Técnica Alexander é un método de traballo práctico no que o profesor guía a aprendizaxe a través da experiencia coa axuda de contacto manual e instrucións verbais que ensinan ao alumno a ser o suxeito do seu propio desenvolvemento.
Apréndese en clases individuais que poden durar entre 30 e 60 minutos. A frecuencia e o número de clases dependen de cada caso e de como progresa o alumno. A modo orientador, a Asociación de Profesores da Técnica Alexander de España, recomenda realizar 30 clases individuais para obter a capacidade de empregala de forma autónoma.
Tamén se pode aprender en grupo como complemento ás clases individuais.
Polo xeral, recoméndase ir vestido con roupa cómoda e preparado para traballar sen zapatos.